Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reforma a comisión de seguimento dos servizos privatizados

RR_Noticias

Os populares rexeitan a composición deste órgano por non contemplar a presenza nin da secretaria nin da interventora municipal. Formarán parte da comisión cidadáns nomeados pola Federación de Asociación de veciños, políticos e un funcionario

O pleno do concello, cos votos en contra do PP, aprobou a modificación do regulamento da comisión de seguimento e control dos servizos privatizados, que estará formado por tres cidadáns designados pola Federación de Asociación de Veciños, pro seis membros de partidos políticos con representación municipal e un funcionario. Unha modificación que non contou co apoio dos populares quen argumentaron o seu voto en contra  por non contemplar a presencia nin da secretaria nin da interventora municipal nese órgano. A voceira do PP, Francisca Canal, criticou ademais que este asunto chegase a pleno sen pasar previamente pola comisión informativa correspondente. Dubidan tamén da súa utilidade cando leva “cinco anos sen convocarse” Dende o goberno local aclarouse que a decisión de non incluír na comisión a presenza nin da secretaria nin da interventora municipal debese ao “desexo expreso das funcionarias de non estar presentes nese órgano”, aínda que puntualizou que os técnicos municipais informarán os asuntos que lles sexan remitidos. Sobre a utilidade desta comisión, o edil Emilio González Iglesias lembrou que a súa función é trasladar ás entidades veciñas e á oposición a documentación que está en poder do goberno local sobre as empresas que xestionan os servizos privatizados así como dar conta do funcionamento dos mesmos

Francisca Canal. PP
Os populares rexeitan a composición da Comisión
Emilio González Iglesias PSOE
Serve para trasladar á oposición e aos representantes veciñais a información que está en poder do goberno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará