Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rei entende que hai unha persecución política detrás do seu paso polos Xulgados

RR_Noticias

Satisfeito logo de que a sentencia o absolvera dun presunto delicto de prevaricación, o alcalde de Redondela asegura que foi a persecución política á que o ven sometendo Ramón Rodríguez e o excesivo celo do interventor o que o levaron sentar no banco dos acusados

O alcalde de Redondela recibiu con lóxica satisfacción a sentencia ditada pola xuiz da Sala do Penal número 1 de Vigo que estima que os feitos que o levaron a sentar no banco dos acusados non son “legalmente constitutivos de delicto”. Unha sentencia que absolve tanto ao alcalde como ao concelleiro de urbanismo, Emilio González Iglesias  das acusacións de prevaricación polas supostas irregularidades cometidas na contratación e concesión das obras de humanización nas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín e polas que a fiscalía pedía para ambos os dous políticos unha condena de nove anos de inhabilitación para cargo público. Coa sentencia na man o alcalde recoñece “ter unha preocupación menos” xa que, aínda que “coa conciencia tranquila e confiando na xustiza”, si recoñece que vivía con certa preocupación á espera de coñecer a resolución da maxistrada. Rei reiterou que tal e como defenderon dende o inicio tanto el como o edil González Iglesias “en ningún caso se podía falar de delicto” por adoptar a decisión de ampliar as obras de humanización para cambiar a rede de sumidoiro, aínda que si recoñeceu que se faltou ao procedemento “xa que o orzamento estaba prorrogado e nesa situación non se permite facer un recoñecemento extraxudicial de crédito”. Finalmente insistiu en que foi a persecución dun veciño, Ramón Rodríguez e o excesivo celo do interventor municipal Modesto Solla o que o levaron sentar no banco dos acusados .

Xaime Rei alcalde de Redondela
O rexedor mostrábase satisfeio logo de coñecerse a sentencia absolutoria
Procedemento
Lembrou que en ningún caso se cometeu delicto algún
Persecución política
Ramón Rodríguez eestá detrás da denuncia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará