Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voceira do PP aplaude a elección de Javier Bas como futuro candidato dos populares

RR_Noticias

Cando aínda non se pronunciou oficialmente a dirección do PP sobre o futuro candidato en Redondela, a actual portavoz municipal, Franscisca Canal manifestou o seu total apoio a quen xa é o candidato virtual, o economista e director da oficina de Caixa Galicia  en Redondela Javier Bas.

Canal, quen anunciara hai meses a súa decisión de non volver a presentarse á alcaldía, entende que Bas é “un magnífico candidato” como o abala a súa ampla experiencia no ámbito laboral. Os rumores sobre a elección de Javier Bas como cabeza de lista ás vindeira eleccións municipais  circulaba dende hai meses pola vila e, mentres nun primeiro momento todas as quinielas daban como bo o nomeamento do concelleiro Alberto Pazos como sustituto de Canal, finalmente parece que a dirección popular optou pola renovación. Elixiu así a un candidato que carece de traxectoria política, unha carencia que ao entender de Francisca Canal non é importante, xa que segundo a voceira do PP, Bas suple a súa inexperiencia política “cun magnífico currículo”. O redondelán Javier Bas prefire en todo caso non facer valoración polo de agora á espera de que se produza o nomeamento oficial. Tamén na dirección do partido conservador en Pontevedra optan por gardar silencio

Franscisca Canal voceira PP
Entende que Javier Bas é un magnífico candidato
Inexperiencia política
Canal entende que a falta de experiencia do director dad Caixa Galicia queda compensada coa súa experiencia profesional

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará