Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxéctase en Saxamonde unha selección dos mellores traballos do Redondela en Curto

RR_Noticias

Entre os títulos que se poderán ver o vindieros domingo no Centro Social Chan das piapas atopamos algúns dos máis aplaudidos polo público en edición anteriores como “la ruta natural” ou “Diente por ojo”.  

O Centro Social e Deportivo Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde inicia a súa programación cultural de primavera cunha proxección de curtametraxes o vindeiro domingo 18 de abril ás 19:00 o Centro Cultural da parroquia. En total poderanse ver seis dos traballos que maior aceptación tiveron entre o público nas edicións anteriores. Así, proxectaranse os títulos “La ruta natural”, “Runners”, “Diente por ojo” e “Miente”, todos eles títulos que foron premiados en edicións anteriores do festival. Un acto que contará coa presenza do director do festival “Redondela en Curto” Cuchi Carreira e que pretende achegar así este formato audiovisual ás parroquias, as veces esquecido nas programacións culturais que se programan no rural. O Centro Social e Deportivo Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde está preparando ademais o Maio para este ano e ten previsto o inicio de actividades periódicas de sendeirismo para o mes de maio.

Paulo Jablonski Chan das Pipas
A asociación proxectará algúns dos traballos premiados en edicións anteriores do Redondela en curto
Levar o cine as parroquias
Dar a oportunidade aos veciños de achegarse tamén ao audiovisual

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará