Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O plan de transporte da área metropolitana non se porá en marcha ata o 2015

RR_Noticias

O concelleiro de tráfico de Redondela asegura que a iniciativa que permitiría reducir notablemente o prezo do billete no transporte entre Redondela e Vigo non será realidade antes de cinco anos

O tan demandado plan de transportes que debería dar servizo aos concello de toda a área metropolitana e que suporía un aforro importante para os usuarios do transporte público entre Redondela e Vigo non será unha realidade ata o 2015. Así o confirmou o concelleiro de tráfico de Redondela, Eduardo Reguera, quen asegura que a pesar da boa disposición do goberno local para sumarse ao proxecto, aínda se está en fase de  negociacións polo que a posta en marcha desta iniciativa non será a curto prazo. A medida tería unha incidencia directa nos usuarios, xa que o prezo dos billetes entre Redondela e Vigo veríase rebaixado notablemente: o prezo do billete individual reduciríase de 1’40 euros -custe actual- a 1’25, mentres que o billete se rebaixaría praticamente ao 50% no caso dos usuarios que fagan máis de 40 viaxes mensuais, que pasarían a pagar 0’72 céntimos. Este plan de transporte prevé ademais que o usuario poida empregar varios medios de trasporte co mesmo ticket mentres os transbordos se fagan nun prazo de 45 minutos e sendo válido para o autobús, barco e tren. Con todo, un Plan polo que teremos que esperar aló menos cinco anos máis segundo as previsións de Reguera.

Eduardo Reguera edil de tráfico
entende que o Plan de trnasportes da área metropolitana será moi beneficioso para os veciños
Posta en marcha no 2015
O proxecto non será unha realidade antes de cinco anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará