Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os peregrinos xa contan cunha guía informativa sobre Redondela

RR_Noticias

O Ano Santo atraerá a milleiros de persoas que pasarán este ano por Redondela no seu Camiño Portugués e da Costa. Eses visitantes contan agora cunha nova ferramenta para informarse. Trátase da Guía do Peregrino, que ven de publicar a Asociación de Empresarios, onde poderán atopar toda a oferta de hostalaría do municipio, así como outra información de interese pensada expresamente para eles.

Aos milleiros de peregrinos que este ano pasen por Redondela co gallo do Xacobeo non terán problemas para atopar onde aloxarse, xantar ou tomar un bo almorzo. Toda esa información, e outros datos de interese poderán atopalos na Guía do Peregrino, que ven de publicar a Asociación de Empresarios. A publicación, da que se tiraron 5.000 exemplares, estará a disposición dos interesados no albergue da Casa da Torre e noutros puntos de información. Inclúe datos sobre a hostelaría do municipio e outros servizos de interese para os peregrinos, como tendas de agasallos, calzado, fisioterapia, etc. Fran Peixoto, técnico da Asociación de Empresarios, explicaba na presentación da guía que o obxectivo desta publicación é “recoller toda a información que o peregrino pode necesitar ó seu paso pola vila”. A publicación conta coa colaboración das Concellerías de Turismo e Normalización lingüística de Redondela. O responsable de Cultura e Turismo, Eduardo Reguera, felicitou ós empresarios pola iniciativa e pediu un maior esforzo en materia de oferta turística, xa que, segundo afirmou, neste sector en Redondela está “todo por facer”. A concelleira de Normalización lingüística, Ánxeles Babarro, destacou tamén que se trata dunha “boa idea”, e que o seu departamento participou na corrección dos textos, que están escritos en galego, castelán e inglés, co “máximo respecto” á lingua do país.Serán moitas as persoas que se beneficien desta guía. O pasado ano un total de 6.000 peregrinos pernoctaron en Redondela. Neste 2010, co gallo do Xacobeo, a cifra podería triplicarse. A guía, de 48 páxinas, está a disposición xa dos peregrinos e de todos os interesados na Casa da torre e noutros puntos de información , e tamén a través dunha versión en internet    

Fran Peixoto técnico da Asociación de Empresarios
Unha guía con información de interese
Eduardo Reguera concelleiro de Turismo
Reguera felicita ós empresarios pola iniciativa
Ánxeles Babarro concelleira de Normalización Lingüística
O libro está editado en galego castelán e inglés.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará