Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Agredido un policía local cando acudía a atender a un indixente

RR_Noticias

Os feitos producíronse no bar o Aparecido na rúa Pai Sarmiento. Por outra banda, pasaron xa a disposición xudicial os dous mozos de 19 anos detidos na madrugada do sábado logo de ser sorprendidos roubando no interior do IES Illa de San Simón

Unha patrulla da Policía Local de Redondela sufriu unha agresión na noite do pasado venres cando acudían a atender a un indixente que se atopaba no interior do bar Aparecido.
Os feitos producíronse cando a Policía se trasladou a este local na rúa Pai Sarmiento logo de ser alertados da presencia dun home que parecía non atoparse ben, Unha vez no lugar, os axentes foron increpados por un home de 60 anos de idade, S.M.F., cliente do local quen lles esixía que sacarán ao indixente do bar. Logo dos insultos o home acabou golpeando na cara a un dos axentes,  quen tivo que ser trasladado ao centro de saúde, facéndose cargo a Policía Nacional da detención do agresor.
Roubo no Instituto
Por outra banda, pasaron xa a disposición xudicial os dous mozos de 19 anos detidos na madrugada do sábado logo de seren sorprendidos no interior do instituto Illa de San Simón. Os dous mozos, Jonathan M.L. veciño de Cesantes e Darío S.F., con residencia no centro da vila foron detidos á unha da madrugada cando logo de saltar a alarma do centro educativo axentes da policía comprobaron que a porta traseira do Instituto estaba forzada. Unha vez dentro atopáronse a ambos os dous rapaces cunha mochila na que cargaban un ordenador portátil, unha cámara de fotos dixital e as chaves dun armario. Os arrestados foron trasladados á comisaría da Policía Nacional e na mañá de onte domingo pasaron a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará