Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Plan do litoral deixa sen protección o río Verdugo e a carballeira do Peirao en Arcade

RR_Noticias

O BNG de Soutomaior denuncia o POL por seren “tremendamente agresivo coa localidade” e por estar “ao servizo dos promotores”, xa que permitirá construír a menos de 200 metros do litoral en zonas que ata o de agora estaban protexidas mentres que deixa afectadas vivendas centenarias.

O partido nacionalista, quen presentará unha moción no pleno que se celebra en Soutomaior o vindeiro xoves, reclamará ao Concello que facilite aos veciños a tramitación de alegacións e que solicite á Consellería de Medio Ambiente e territorio a retirada do Plan cuxa aprobación inicial se agarda par o 15 de maio Ademais de criticar “o oscurantismo” co que está redactado o documento denuncian que en Arcade se elimina a carballeira do Peirao como zona protexida mentres que non se protexe nin o río Verdugo nin tampouco un só bosque. Pola contra fica afectado polo POL todo o núcleo urbano -Roxelio Landeiro, Coutada e parte da rúa Xosé Solla- o que “obrigará aos propietarios a catalogar e a presentar perante a Xunta calquera tipo de reforma ou construcción e advirten que mesmo o goberno galego podería “ordenar o derrube das vivendas” O portavoz municipal do BNG en Soutomaior advirte que o plan “en vez de estar pensado para a poboación en xeral está pensado só para uns poucos” xa que hai propiedades perfectamente limitadas dentro das zonas de protección paisaxística que quedan sen preservar”.

Fernando Herrero BNG
A carballeira do Peirao é un dos espazos que quedaría fora da protección
Defender os intereses dos promotores
Os nacionalisas entenden que este plan defende os intereses de so uns poucos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará