Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non pasa do empate no campo do colista

RR_Noticias

O Choco desaproveitou unha opportunidade de ouro para afianzar o liderado da Rexional Preferente. O equipo redondelán non foi quen de pasar do empate a ceros no campo do colista. E mesmo tiveron sorte os de Julio Álvarez, porque o Nogueira desaproveitou a ocasión de poñerse por diante no marcador ao estrelar Pablo un balón no pau no último minuto e co porteiro batido.

PREFERENTE SUR
Nogueira- 0 Choco 0O Choco non foi quen de pasar do empate a ceros no campo do colista. E mesmo tiveron sorte os de Julio Álvarez, porque o Nogueira desaproveitou a ocasión de poñerse por diante no marcador ao estrelar Pablo un balón no pau no último minuto e co porteiro batido. Os de Redondela nin sequera souberon sacar partido da superioridade numérica, xa que os ourensáns xogaron os últimos 20 minutos cun home menos pola expulsión de Johny. O Choco perde así unha excelente oportunidade de sumar tres puntos no campo do colista. A primeira parte foi de dominio do Nogueira, pero os redondeláns, ben colocados na defensa e cun excelente traballo no medio do campo, tentárono á contra. Na segunda metade o domino foi máis do Choco. E sobre todo a partires do minuto 60, pero os dianteiros non crearon demasiadas ocasións claras, e cando o facían Roberto non fallaba. No minuto 70 o Nogueira quedou con 10 xogadores pola expulsión de Johny, o que permitiu a Julio Álvarez adiantar as liñas. Pero a defensa do Nogueira amosouse moi forte,e mesmo seguían tentando o gol da vitoria. Nos últimos minutos o partido estivo moi aberto para os dous equipos, e a mellor oportunidade foi para os ourensáns, que no minuto 90, cun disparo que se estrelou no pau. Ao final reparto de puntos e sen goles no campo da Tella.
O Choco segue líder con este resultado, grazas a que o Portonovo tamén empatou, polo que os seguidores continúan a un punto dos redondeláns. Na próxima xornada reciben en Santa Mariña ó Bahía, equipo de metade da táboa que ven de empatar co Estradense.
 
Primeira Autonómica
Arcade 3-Unión Grove-2
O Arcade impúxose ó Unión Grove na loita por evitar o descenso. Importante remontada dos homes de Jacobo Montes, xa que no minuto 11 os do Grove gañaban por 0-2, grazas ós goles de Luis e Breixo. Pero o Arcade nunca baixou os brazos, e no minuto 20 chegou o primeiro gol local. Despois Hugo e Juanjo puxeron o 3-2 no marcador que sería xa definitivo. A segunda metade estivo moi igualada, con ocasións para os dous equipos, pero o Unión Grove non puido rendibilizar as súas oportunidades e volveu de baleiro. O Arcade, pola súa banda, suma 3 puntos de ouro para a súa salvación. Son agora 15º, teñen catro equipos por baixo deles. A próxima semana xogan no campo do Gondomar, equipo da metade da táboa.
 
Segunda Autonómica
San Miguel-1 Chapela -1 Reparto de puntos no campo do San Miguel , o Chapela mantén así a segunda praza na táboa e mesmo aumenta a renda cos terceiros, o Ribera, a cinco puntos de distancia, grazas á derrota destes en Xinzo. O domingo reciben, precisamente ó Xinzo, un rival, que sobre o papel, é inferior, xa que está na parte baixa da táboa, pero que ven de gañarlle como dicíamos ó Ribera.
 
Terceira Autonómica
Cesantes-2 A Seca-3
Encontro de moita igualdade o que se xogou onte no campo do Cesantes, e saldouse con vitoria para a Seca, equipo que agora adianta en tres puntos ós redondeláns. Con todo o Cesantes mantense na metade da táboa, o próximo partido xoga nun campo difícil, o do Eiriña, terceiro clasificado do grupo e un dos equipos máis fortes da liga.
 
Marín 1- Soutomaior 1
O Soutomaior conserva a 3ª praza do seu grupo despois do empate a un gol no campo do Marín. O próximo domingo reciben ó Salcedo, penúltimo clasificado
 
Arcade B 5 -Praderrei 1
Vitoria e por goleada do filial do Arcade, que anotou ata cinco goles. Os tres puntos déixaos na metade da táboa. A próxima xornada xogan no campo dun rival de máis entidade, o Moaña, dous postos por riba dos de Soutomaior e con dous puntos máis.
 
ChocoB 4- Candeán B 1
Os de Redondela mantéñense na metade alta da táboa, son 6º despois da vitoria diante do Candeán, e con goleada. O próximo domingo xogarán no campo dun dos equipos cos que están bastante igualados, o Pereiro, que é 7º, un posto por baixo dos de Redondela e cun punto menos.
 
Nespereira 0- Arbo B 2
Os de Pazos de Borbén non levantan cabeza. Seguen como colistas do grupo despois da derrota co Arbo e só suman 6 puntos. O domingo xogan nun dos campos máis complicados do grupo, o do Alpinistas, 4º na táboa
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará