Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla en Arcade sobre as consecuencias do Plan do Litoral

RR_Noticias

O BNG de Soutomaior organiza este xoves as 20:30 horas na Casa da Cultura Fernando Pereira de Arcade unha charla sobre as consecuencias do POL elaborado pola Xunta. Participan o Concelleiro de Urbanismo de Pontevedra, Cesar Mosqueira e o responsable local do Bloque, Fernando Herrero 

O portavoz municipal do BNG de Soutomaior, Fernando Herrero, e o responsable comarcal de Política Local e concelleiro de Urbanismo e Ordenación do Territorio de Pontevedra, César Mosqueira, debullarán nunha charla-coloquio dirixida a toda a cidadanía as repercusións do Plan de ordenación do Litoral elaborado pola Xunta do PP no concello.
O BNG de Arcade entende que o POL do PP é absolutamente alleo á realidade de Galicia, mesmo podería considerarse propio do Levante español. Ademais, advirte de que a documentación achegada pola Xunta contén erros masivos de proteccións innecesarias e desproteccións inxustificadas.
Na charla-coloquio, Herrero e Mosqueira explicarán as inxustizas do POL no Concello de Soutomaior, xa que desafecta boa parte do que ficaba afectado e, de rebote, afecta boa cantidade de zonas que por atoparse máis alá dos 500 metros non estaban afectadas ata o de agora.
Finalmente os nacionalistas aseguran que de aprobarse o POL, “as consecuencias serán enormes e de moi difícil reversión sobre o futuro de moitas áreas do litoral galego”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará