Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello esixe a posta en marcha do plan de trasporte metropolitano

RR_Noticias

O goberno local solitaralle á Consellería de Infraestruturas que poña en marchar o transporte metropolitano da área de Vigo que posibilitaría as comunicacións entre Vigo e Redondela en transporte público a un prezo máis económico xa que reduciría o prezo dos billetes nun 50%

A iniciativa do PSOE foi apoiada polo BNG e o Partido galeguista, e inclúe ademais solicitar a incorporación ao Plna de transporte metropolitano unha tarxeta gratuíta, cun máximo de 60 viaxes ó mes, para xubilados, pensionistas e parados con baixos ingresos. Con esta medida preténdese dar resposta principalmente aos xubilados de Chapela quen a comezos de ano quedaron sen a tarxeta que emitía o concello de Vigo e que lles permitía desprazarse en Vitrasa de xeito gratuíto. Segundo explicou o portavoz socialista, Emilio González Iglesias dende o Concello estívose negociando para cubrir esa demanda pero asegurou que “a cantidade anual para cubrir o servizo de transporte entre Redondela e Vigo roldaría os 600.000 euros, cantidade á que as arcas municipais non poden facerlle fronte”. Dende o PP se cualificou a iniciativa de “electoralista e incoherente” motivo polo que decidiron non apoiar a medida engadindo que “non se pode presentar unha proposta como esta sen un estudio previo e sen que exista unha partida concreta”. Pola contra, a voceira do PP, paqui Canal solicitou que fora o Concello quen habilitase unha partida económica para sufragar parte do custe que lles supón aos pensionistas e xubilados desprazarse en autobús

Emilio González Iglesias voceiro PSOE
O concelleiro asegura que o custe de subvencionar parte das viaxes dos xubilados non é asumible polo concello
Paqui Canal voceira do PP
A popular entende que é o concello quen debe destinar unha partida económica ao transporte dos xubilados e pensionistas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará