Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PP e BNG aproban unha moción en favor da fusión das caixas

RR_Noticias

A “alianza” entre populares e nacionalistas escenificábase onte no pleno municipal no que ambos os dous partidos presentaron unha moción en defensa da fusión das caixas galegas que foi aprobada cos votos en contra do PSOE

Tal e como era de esperar, BNG e PP foron da man nesta cuestión, trasladando ao ámbito local a postura que os seus respectivos partidos defenden no ámbito autonómico. Escoitáronse argumentos repetidos nos últimos tempos que defenden a fusión de Caixa Nova e Caixagalicia como única posibilidade de supervivencia para as entidades galegas. A popular Paqui Canal centraba a súa defensa na fusión “porque en caso contrario Galicia quedará sen sistema financeiro propio”.  No mesmo sentido se manifestaba Carlos Pazos quen lembraba que as dúas caixas non poden sobrevivir de xeito independente dada a súa situación económica, produto en gran medida de operacións inmobiliarias, e que a única posibilidade de mantelas en Galicia é recorrendo aos fondos do FROB, cartos aos que só se pode acceder se hai unha fusión de por medio. Dende o PSOE Emilio González Iglesias como era de esperar rexeitaba a moción e insistía en que non foi o goberno de Zapatero senón “o Consello de Estado quen puxo de manifesto a inconstitucionalidade da actual Lei de Caixas” unha lei que ao seu entender “foi feita para favorecer un matrimonio a forza entre as entidades financeiras galegas”. Sorprendentemente, dende a bancada socialista non dubidaron en votar man das palabras do ex voceiro do BNG, Xosé Manuel Beiras para defender os seus argumentos. Finalmente os votos a favor de populares e nacionalistas permitiron sacar adiante a moción.

Paqui Canal PP
Os populares defenden a fusión para que non sexan absorbidas por unha caixa foránea
Carlos Pazos BNG
O nacionalista apoia a moción porque as dáus caixas non poden sobrevivir de xeito independente
Emilio González Iglesias PSOE
Os socialistas lembran que a Lei é inconstitucional en parte dos seus artigos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará