Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un espazo de reflexión sobre a imaxe da muller

RR_Noticias

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade pon en marcha o curso de formación “Muller e Imaxe”, cunha duración de 20 horas. As persoas interesadas poden inscribirse xa no CIM ou no teléfono 986 408 043

O obxectivo desta formación é o de analizar e reflexionar sobre o tratamento das imaxes das mulleres nos diferentes ámbitos, medios e épocas históricas, así como diferenciar os distintos estereotipos de xénero que xorden e nos son transmitidos ligados ás imaxes das mulleres na sociedade.
Ademais, as persoas participantes serán guiadas para a elaboración dun traballo de creación audiovisual (fotografía / vídeo ) coa temática exposta.
O curso é gratuíto,  e vai dirixido tanto a mulleres coma a homes. Iniciarase o día 8 de marzo e desenvolverase luns, mércores e venres de 19:00 a 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira.
As inscricións deberán facerse en persoa, no CIM (Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade), na rúa Isidoro Queimaliños número 2, de Redondela, ou ben chamando ao teléfono: 986 408 043

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará