Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empresa e sindicatos negocian un ERE en Peguform

RR_Noticias

A mesa negociadora do Expediente de Regulación de Emprego, que podería afectar a 20 dos 200 traballadores de Peguform reunirase mañá mércores para tratar de chegar a un acordo.

Un 10% dos operarios que actualmente traballan neste empresa redondelá, dedicada á fabricación de compoñentes plásticos para automoción (en concreto as defensas do monovolume C4 Picasso) podería verse afectada por un expediente de regulación de emprego temporal. Un ERE que a día de hoxe están a negociar empresa a sindicatos, quen se sentarán mañá novamente para tentar achegar posturas.
Esta empresa, instalada na Portela, traballa case exclusivamente para a planta viguesa de PSA Citroen, que absorbe o 80% de toda a súa produción e verase afectada directamente pola caída da producción do C4 Picasso a partir de abril.
En principio a dirección da factoría propuxo ao comité de empresa un expediente de extinción para 24 persoas, aínda que empresa e sindicatos negocian na actualidade transformar esta medida nun axuste temporal para todo o exercicio 2010, en función de como evolucione a actividade de Citroen como principal cliente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará