Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR busca unha vitoria en Asturias para saír da metade baixa da táboa

RR_Noticias

Despois de gañar ó Puerto de la Cruz unha vitoria diante do Covadonga suporía situarse na zona tranquila da táboa. O Peguform é o claro favorito para a cita do sábado na pista do colista, pero os redondeláns non se confían, e sairán concentrados e a gañar.

O triunfo diante de Puerto de la Cruz en Redondela foi un paso cara adiante por parte do Peguform, que conseguía así escapar da parte baixa da táboa. Foi un partido complicado no que os canarios xogaron ó máximo nivel. O partido estivo moi igualado e os de Carlos Rei tiveron que pelexar ata o último minuto para facerse coa vitoria na bomboneira, cun marcador final de 24-22. Agora ocupan a 9ª praza da táboa, unha posición máis tranquila. E terán ocasión de mellorar esa situación o próximo sábado, na súa visita ó campo do Covadonga, o último clasificado da categoría. O Peguform Sar é o claro favorito nesta cita, xa que os asturianos non sumaron aínda ningún punto. Pero o feito de verse xa descendidos e sen ningún tipo de presión pode beneficiar ó Covadonga. Por iso os de Carlos Rei sairán á pista coa maior concentración e o obxectivo claro de gañar. Partido aprazado O mércores 24 de febreiro será cando se xogue o partido aprazado entre o OAR Coruña e o Peguform Sar. A cita será ás 21.00 horas na Coruña. No club redondelán agardan que non haxa máis aprazamentos por mor da folga nas instalacións deportivas da cidade herculina. De non poder disputarse ese encontro pedirán que a Federación tome medidas, xa que a situación do club coruñés está a prexudicar ó resto de equipos da liga.

Carlos Rey adestrador
A vioria ante o Puerto de la Cruz é un paso adiante pero aínda non hai nada feito.
Covadonga-SAR
Os de Redondela son favoritos pero o adestrador non quere confiarse.
Partido aprazado
Rey opina que se o encontro non pode xogarse na Coruña a Federación terá que dar unha solución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará