Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian a ilegalidade urbanística cometida por unha concelleira do PP

RR_Noticias

O BNG denuncia a construcción dun novo andar nun negocio de hostalería sin a correspodente licencia urbanística. O establecemento está situado en Rande e é propiedade dunha concelleira popular.

O BNG denuncia as obras de ampliación dun negocio de hostalería propiedade dunha edil do PP. Afirman os nacionalistas que as obra de ampliación realizadas nun negocio de hostalería situado ao pé da estrada N-552 de Redondela-Vigo á altura de Rande cometen “unha manifesta ilegalidade urbanística”.
Esta obra, que segundo explican supón a construcción dun novo andar no inmoble “carece de licencia urbanística”.
O local é propiedade dunha concelleira da agrupación municipal do PP motivo polo que entende aínda é máis grave xa que “cómpre que os responsábeis políticos dean exemplo, e non utilicen a ilegalidade”. Engaden os dende o Bloque que non se pode “pretender actuar con impunidade, e como calquera outro veciño ou veciña, cómpre cinguirse á normativa urbanística”.
Pleno
Por outra banda, o BNG critica o comportamento dos populares nas sesión plenarias por “usar o barullo como arma política ante a falta de proxecto político”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará