Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o ano sen que se coñeza quen será o substituto de Canal ao fronte do PP

RR_Noticias

Aínda que o mellor posicionado para dirixir o grupo en Redondela sería o actual número dous, Alberto Pazos, o PP está a sondar a simpatizantes do partido que non forman parte do grupo municipal

A pesar de que diferentes fontes do partido apuntaban a que antes de despedir o ano se coñecería o nome do novo presidente do PP local e en consecuencia do vindeiro candidato deste partido á alcaldía de Redondela, finalmente teremos que esperar ao 2010 para desvelar a incógnita.
Aínda que Alberto Pazos, actual número dous do grupo municipal, é o mellor posicionado para asumir a presidencia do partido, polo de agora non hai nada en firme. Hai incluso quen aventura que podería ser unha persoa allea á corporación municipal dado que dende algúns sectores do PP provincial se estaría tocando a simpatizantes do PP en Redondela que a día de hoxe non están integrados no grupo.
Unha porta que quedou aberta cando a principios de novembro Francisca Canal presentou a súa dimisión como presidenta do partido e anunciou que non será a candidata dos populares nas eleccións municipais do 2011 por considerar que “é tempo de dar paso aos que veñen detrás para fortalecer á formación”. Polo de agora, Canal continuará á fronte do partido ata que non sexa elixido un substituto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará