Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PSOE e BNG rexeitan conmemorar a caída do muro de Berlín

RR_Noticias

Por diferentes motivos pero con igual resultado, socialistas e nacionalistas rexeitaron unha solicitude presentada polo PP na que instaban ao goberno local a trasladar as pezas do muro de Berlín, actualmente nunha das cepas do viaduto, e a festexar cada 9 de novembro a caída do muro.

Unha petición que o PP facía no derradeiro pleno municipal do ano a través da súa concelleira laura Alonso quen demandaba que ditas pezas se instalaran coa protección necesaria na praia de Arealonga en Chapela e no centro urbano da vila, preferiblemente nas inmediacións dos colexios. Unha petición que ía máis alá e que demandaba do goberno que se festexase cada 9 de novembro a caída do muro cun acto institucional. O BNG a través do seu voceiro Carlos Pazos, rexeitou de cheo a solicitude argumentando que “dadas as consecuencias que a caída do muro tivo no conxunto de Europa, non hai nada positivo que conmemorar nesa data”. Dende o PSOE non se entrou nesa cuestión e o edil de cultura, Eduardo Reguera limitouse a dicir que xa está previsto o traslado das pezas ao Paseo da Xunqueira onde se instalarán cubertas de paneis de metacrilato para protexelas de posibles actos vandálicos e das inclemencias atmosféricas.

Carlos Pazos BNG
Os nacionalistas entenden que non hai nada que festexar en relación coa Caída do Muro
Eduardo Reguera PSOE
o edil asegurou que xa está a traballar no tralado das pezas ao Paseo da Xunqueira
Laura Alonso PP
A popular reclamaba unha maior atención do concello ao feito histórico acontecido hai 20 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará