Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Consumo responsable e reciclaxe nos Obradoiros de Nadal para nenos

RR_Noticias

Mañá péchanse as actividades que puxo en marcha a Consellería de Servizos Sociais para os cativos co gallo do Nadal. Atrás quedarán seis días de obradoiros sobre xoguetes, postais de Nadal, contacontos e cociña, nos que os rapaces tomaron conciencia da importancia da reciclaxe e do consumo responsable.

Máis de trinta nenos de entre catro e doce anos participaron durante esta semana e a pasada nos obradoiros, que un ano máis organiza a concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Redondela, co fin de conciliar a vida laboral e familiar nestas datas de Nadal, cando os rapaces non teñen colexio, ao mesmo tempo que se lle inculca aos máis pequenos da casa valores de consumo responsable e ecoloxía mentres xogan e pasan un bo momento. Este ano, para o mellor desenvolvemento das activades, así como para a atención dos nenos, os grupos divídense por idades de catro a seis anos e de sete en diante, o que permitiu adaptar as dinámicas de traballo a cada grupo, que normalmente non supera os quince membros, así como as actividades a desenvolver. Amosarlles aos rapaces que se poden divertir ao mesmo tempo que aprenden valores primordiais para o medio ambiente, como a reciclaxe son algúns dos obxectivos destes obradoiros. Bonecos feitos con refugallos, postais de Nadal, adornos propios destas datas, xoguetes, son algunhas das actividades ás que dedican as dúas horas e media que dura cada un dos obradoiros, dende as 10.30 ata as 13.00 horas e que finalizan mañá mercores. No caso dos rapaces de maior idade, ademais de xogar tamén se lle intenta amosar a importancia da reciclaxe, así como da orixe de cada un dos obxectos que se empregan na elaboración dos xoguetes, ademais de tentar que valoren as cousas que posúen, sobre todo facendo especial fincapé nos xoguetes e fomentando unha actitude menos consumista e solidaria. No caso dos máis cativos,  os obradoiros son máis sinxelos, adaptados tanto a capacidade de comprensión dos nenos como as súas posibilidades de creación. Aínda que os principios son os mesmo que nas actividades destinadas aos de maior idade. A reciclaxe, o consumo responsable, un obradoiro de contacontos, así como a cociña propia destas datas, son algúns dos obradoiros dos que estes días están gozando os nenos que participan nestas actividades que se imparten no Multiusos da Xunqueira Uns valores, que segundo as monitoras, son difíciles de transmitir e inculcar, sobre todo aos de menor idade e aseguran que a continuidade é fundamental para que os cativos rematen asumindo estes principios. Porén apostan pola prolongación destes obradoiros a outras datas fora do Nadal e o Entroido, para que os coñecementos se poidan perpetuar.  Diversión, coñecemento, ecoloxía e consumo responsáble únese nestes obradoiros que organiza a Concellería de Igualdade e Benestar de Redondela e que porán o seu peche na xornada de mañá. Seis xornadas de actividades que sementaron a primeira pebida da ecoloxía nos cativos, agora será cuestión das familias e tamén dos seus educadores a responsabilidade de que creza e se converta nun dos principios de vida dos máis pequenos da casa.    

Concelleira Servizos Socias
O lecer e a concienciación ecolóxia así como a conciliación da vida laboral e familiar son os obxectvos dos obradoiros segundo a nacionalista Rosa Costas.
Obxectivos dos obradoiros
As monitoras fálannos das actividades e da súa finalidade.
Actividades
Contacontos obradoiros de xoguetes e postais preparación de sobremesas son algunhas das actividades das que gozaron os cativos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará