Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As novas tarifas da auga incrementarán a factura do 65% dos redondeláns

RR_Noticias

A modificación foi aprobada no último pleno ordinario do ano celebrado ás nove da mañá de hoxe e contou cos votos en contra dos concelleiros do PP e Partido Galeguista, quen argumentaron o seu voto alegando que se trata dunha suba encuberta do 23%. Dende o goberno local defendeuse a modificación porque “prima o aforro e grava os grandes consumos”  

O goberno local cos votos a favor dos concelleiros de PSOE e BNG, sacou adiante na mañá de hoxe unha modificación nas taxas que cobra a empresa Aqualia polo consumo da auga. Unha modificación que entrará en vigor no vindeiro ano e que implicará cambios importantes á hora de facturar o consumo. Así, mentres dende a oposición tanto o partido galeguista como o PP argumentaron a súa negativa a estar reforma alegando que se trata “dunha suba no consumo de entre o 20 e o 23%”, os partidos que forman parte do goberno defenderon a medida por entender que coa mesma se vai a un consumo máis sostible, “xa que os que menos consumen verán como os seus recibos diminúen mentres que se gravan a aqueles usuarios con grandes consumos”. Ao longo do debate a voceira do PP, Francisca Canal solicitou que se deixase o punto sobre a mesa alegando que o seu grupo carecera do informe de intervención ata tan só uns minutos antes de que dera comezo a sesión e facendo fincapé “en que o incremento era excesivo para un servizo básico e nunha situación de crise como a actual”. Unhas afirmacións que foron rexeitadas rotundamente por parte do PSOE. O concelleiro de asuntos económicos Emilio González Iglesias aseguraba que a modificación proposta suporá “unha rebaixa real do 4% para o 35% da poboación, mentres que o 31% dos veciños do concello incrementarán a súa factura nun 10%”. Engadiu que serán o 34% restantes dos usuarios, ao que González Iglesias denomina “grandes consumidores”, os que máis se verán afectados e prexudicados pola suba aprobada na mañá de hoxe Cos mesmos argumentos se posicionaba o nacionalista Carlos Pazos quen insistiu en que “o tratamento das augas fecais é caro” e que a medida que se mellora dito tratamento o custe elévase motivo polo que se fai necesario incrementar as tarifas para “manter o equilibrio financeiro coa empresa concesionaria”. Explicaba ademais que non é lóxico continuar coas tarifas actuais “dado que se está a cobrar aos usuarios por auga que non consumen”. Finlamente e a pesar da petición do PP para que o punto quedase sobre a mesa, os votos a favor dos concelleiros do goberno permitían aprobar as novas tarifas.

Benigno García Luengo PG
O edil manifestouse en contra dunah suba de "entre o 20 e o 23%"
Francisca Canal PP
Os populares solicitaron que o punto quedara sobre a mesa
Emilio Gonzalez Iglesias PSOE
O socialistas defendeu a medida por supor unha rebaixa para o 35% da poboación e gravar os grandes consumos
Carlos Pazos BNG
O nacionalista puxo o acento nos custes de ttratar as augas fecais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará