Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lucia Molares clausura o Obradoiro de Emprego de Pousadouro

RR_Noticias

A delegada territorial da Xunta en Vigo asistirá ás once da mañá á clausura dos cursos de  albanelería, carpintería e traballo forestal que se impartiron ao longo do ano en Pousadouro e que formaron a un total de 25 alumnos, maioritariamente mulleres.  

As once da mañá a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, asiste a clausura do Obradoiro de Emprego ‘Maceiras’ no pazo de Pousadouro. Ao longo do ano foron 25 os alumnos que recibiron cursos de cursos de albanelería, carpintería e traballo forestal co obxectivo de lograr a súa inserción laboral
En total 21 mulleres e catro homes que remataron así a súa formación tanto teórica como práctica e que a partires de agora deberán retomar a busca activa de emprego. Trátase maioritariamente de mulleres de idades comprendidas entre os 40 e os 45 anos procedentes do sector téxtil que tentarán agora acceder a sectores laborais tradicionalmente masculinos
Dende a direccións do obradoiro xa se puxeron en contacto con diferentes empresas da comarca co obxectivo de que coñezan a formación coa que contan estes traballadores, a súa cualificación e as vantaxes que ofrecen logo de ter recibido un total de 1.920 horas de capacitación técnica e profesional nas especialidades mencionadas ademais de formación en prevención de riscos laborais, medio ambiente, informática e igualdade de xénero.
A escola Maceiras prevé continuar con novos obradoiros no futuro.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará