Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Soutomaior con problemas de mobilidade carecen de acceso ás súas vivendas

RR_Noticias

Un dos afectados, que precisa axuda sanitaria, ten que ser desprazado polos seus familiares a uns 150 metros da propiedade para ser recollido por un vehículo. O BNG reclama ao goberno local que dote de accesos a estas casas
 

O BNG de Soutomaior reclama ao goberno municipal que proceda a arranxar os accesos a varias das vivendas que se atopan no barrio do Rial. Concretamente lembran que hai dúas propiedades ás que non se pode acceder con coche e “tendo en conta a gran cantidade de fondos e de asfalto que o Concello de Soutomaior gastou en obras de menor importancia para o benestar da veciñanza” non entenden por qué non se acometeu esta actuación.
Afirman que algúns dos casos chegan a ser dramáticos como o dun dos afectados que precisa axuda sanitaria e que ten que ser desprazados por familiares a uns 150 metros da súa propiedades para ser recollido por un vehículo. Unha situación que os nacionalistas non entenden “máis tendo en conta que os veciños da zona xa presentaran un escrito hai dúas décadas -con data do 28 de novembro do 1989- no que se reclamaba o arranxo do camiño”. Ante a falta de atención por parte da Administración, o grupo de veciños volveu presentar outro documento o 17 de xaneiro do 2006 sen que obtiveran resposta ás súas peticións. Ante esta situación, o Grupo Municipal do BNG critica o desleixo do Goberno do PP, que a finais do 2009 segue sen tomar medidas ao respecto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará