Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O trazado da autovía enfronta as Novas Xeracións do PP e as Xuventudes socialistas

RR_Noticias

A edil do PP Laura Alonso critica a defensa que dende as Xuventudes do PSOE se fixo días atrás da A-59 e insta ao goberno local a que rectifique e se manifeste en contra deste trazado por ser a alternativa “máis cara, mais longa e de maior impacto ambiental”.
 

A edil e presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular de Redondela, Laura Alonso, acusa ao secretario xeral de Xuventudes Socialistas de actuar “de xeito similar a un lacaio de Xaime Rei”. Dende o PP entenden que as declaracións de Araújo, nas que defendía a idoniedade do trazado da futura A-59 que comunicará Vilaboa con Peinador pasando por Redondela “son froito dunha mestura da súa obediencia ao alcalde e da súa extrema xuventude, que lle impide visualizar con claridade o real e tremendo impacto que esta variante da A-57 produce no noso municipio”.
Os populares desmenten as palabras do representante das xuventudes socialistas quen asegurada que esta “esta autovía vaia beneficiar aos menos favorecidos por ser gratuíta”. Dende o PP entenden que “os menos favorecidos desta cuestión son os veciños e veciñas aos que lles derribarán os seus fogares, e que levan loitando polo sentido común dende o principio”.
Novas Xeracións de Redondela solidarízase cos veciños afectados por ese trazado e ínstana ao goberno local a que rectifique na súa actitude xa que están a apoiar a alternativa máis cara, máis longa, de maior impacto ambiental e a que máis prexudica aos veciños.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará