Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a programación do Nadal co tradicional acendido das luces

RR_Noticias

O Nadal Cultural inclúe por primeira vez unha programación de teatro infantil coas obras “Pingueiras e tarteiras”, “Cósima” e “Os Bolechas”. Entre as actuacións musicais destaca o concerto de María do Ceo o día 2 na Igrexa de Santiago Apóstol

A programación de Nadal deste ano inclúe como novidade principal o Pequeteatro, un programa de teatro infantil por onde pasarán as compañías Teatro del Andamio, Sarabela Teatro e Caramuxo teatro quen porán en escenas as obras “Pingueiras e tarteiras”, “Cósima” e “Os Bolechas”. As representación serán os días 26, 29 e 30 de decembro as seis da tarde no Multiusos da Xunqueira. Deste xeito o departamento que dirixe Eduardo Reguera quere achegar a arte escénica a outros públicos unha vez que os adultos xa teñen os seus espacios coas obras incluídas no Teatrarte e no Teafecciona.
Orientada tamén para o público familiar haberá cine coas proxeccións de dúas películas de animación “up” o día 21 e “Bolt” o 22 de decembro.
Por outra banda, a música será o outro espectáculo destacado nesta programación cun festival de corais os días 11 e 12, o tradicional festival de Nadal do Conservatorio Víctor Ureña ou o concerto de Nadal a cargo da Camerata Viguesa.
Con todo, a artista máis internacional que nos vai visitar nestas datas será a fadista luso-galaica María do Ceo, quen ofrecerá o domingo 3 de xaneiro na Igrexa Santiago Apostol un recital musical de “Panxoliñas”.
Tamén o teatro experimental ten o seu oco no Nadal Cultural será coa obra “Alambradas” a cargo da Compañía de David Fernández Rivera. Unha proposta onde se dan cita a danza, a música, o deseño escenográfico e de iluminación e a palabra. Unha representación o mércores 16 de decembro ás 20:00 horas no Multiusos.
A programación rematará coa tradicional Cabalgata na tarde do día 5 e as rondallas e ranchos de reis na mañá do mércores 6.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará