Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aparece o cadáver de Alejandra Soto-Alján

RR_Noticias

Fontes municipais confirman o achádego do corpo sen vida da moza de 17 anos que na tarde do pasado martes desparecera do domicilio familiar.

Fontes municipais , que na mañá de hoxe estaban a traballar na procura da moza de 17 anos desaparecida na xornada de antonte na parroquia de o Viso, veñen de confirmar que apareceu o seu cadáver nunha ladeira da zona.
Voluntarios de Protección Civil estaban a traballar dende primeiras horas da mañá de hoxe nas tarefas de procura. As 8:30 desprazábanse á parroquia para rastrexar os montes e tentar dar con algunha pista que permitise dar co paradoiro de Alejandra Soto-Alján. Tan só unha hora despois xa se confirmaban as peores das previsións logo de atopar o cadáver da moza na ladeira do monte.
A moza desaparecera da súa casa na tarde do martes entre as 19:30 e as 21:00 horas. Na tarde de onte amigos e familiares comezaran unha campaña de pegada de carteis para tentar das coa rapaza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará