Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Canario mantén o liderato en primeira nacional logo de vencer ao Cafés Toscaf

RR_Noticias

Novos folgos para os de Chapela que na vindeira semana deberán defender a súa primeira posición nun encontro en Asturias contra o seu máximo rival, o Base Oviedo que ven de gañar a SAR
 

Vitoria cómoda do Canario Catering xa que dende o primeiro momento se fixeron co marcador e por tanto co partido. Un encontro que rematou co resultado de 39 tantos para os de Chapela e 31 para o equipo Cafés Toscaf, que non foi quen de plantar cara ao líder da clasificación.
O Canario defenderá esa cómoda posición na vindeira xornada nun encontro de máxima rivalidade. Enfróntase con seu inmediato perseguidor, o Base Oviedo equipo que está empatado a puntos cos de Chapela e que contará coa vantaxe de xogar na casa.
Peguform SAR 
Peor sorte correu a Peguform Sar equipo que comezou con bo xogo e bo resultado pero que na última parte do partido non conseguiu superar ao equipo anfitrión, precisamente os rivais directos do Chapela, o Base Oviedo. Con todo, un bo resultado 31 tantos a 28 nun partido que se sabía difícil para os redondeláns xa que xogaban na casa dun dos equipos fortes da categoría
A Sar recibirá na próxima xornada ao Cisne, encontro que se disputará na Bomboneira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará