Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha comedia do grupo “Aturuxo de Melpómene” pecha o Teafecciona’09

RR_Noticias

A obra poderase ver o sábado ás 20:00 no Multiusos da Xunqueira. Pola súa banda o Centro Cultural de Vilar pechar o mes do teatro coa obra “Por narices” tamén o sábado ás 20:30 horas  

  A comedia “Comendo pementos de padrón con tarantino” será a encargada este sábado de pechar o programa de teatro afeccionado “Teafecciona’09” Trátase dun texto escrito e dirixido por Leandro Lamas cuxa protagonista é unha nai que agocha un pasado, unha filla que quere ser cantante e un pianista. O grupo de  teatro de Narón “O aturuxo de Melpómene” é o encargado de por a obra en escena. Será o sábado ás 20:00 horas a un prezo simbólico de 1 euro no multiusos da xunqueira. VIlar Pero non é esta a única proposta do fin de semana porque no Centro Cultural de Vilar celebra a última das representación enmarcadas nos mes de teatro. Será coa obra “por narices” a cargo do grupo de teatro da parroquia baixo a dirección de Chusa Couñago. A obra elixida é unha comedia de Alfonso Zurro, onde o espectador asistirá a unha serie de pezas cortas e monólogos onde o elemento común é sempre o mesmo, o nariz O sábado ás 20:30 horas con entrada de balde

Teafecciona9
Unha comedia pecha o programa deste ano
Vilar
O Centro Cultural acolle a representación da obra "Por narices"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará