Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación aproba o remate das obras da estrada de Cesantes a Alxán

RR_Noticias

Esta mañá o pleno da institución provincial deulle o visto e prace á exposición pública do proxecto e ao expediente de expropiacións a efectos de posibles reclamacións.

O Pleno da Deputación acordou solicitarlle á Xunta a ocupación urxente dos bens e terreos afectados para rematar as obras de mellora da estrada provincial 2901 entre Cesantes o Viso e Alxán. As obras foran paralizadas despois de que os donos dos terreos afectados non os cederan o que fixo que se tivera que elaborar un novo proxecto e un expediente de expropiación. En total restan 180 metros de vía para finalizar as obras de mellora que afectan a un total de 13 propietarios.
Deste xeito retómanse os traballos nesta estrada que soporta un elevado volume de tráfico ao servir de conexión entre a N-550 en Cesantes e a estrada provincial 2908 entre Arcade e Amoedo. As obras consistirán no ensanche e mellora do pavimento desta estrada nun tramo de 180 metros así como a execución de cunetas revestidas de formigón para garantir os desaugues lonxitudinais.
A deputación investirá na execución deste proxecto 123.245,56 euros dos cales 92.800 irán destinados á execución das obras e os restantes 30.444 euros para o capítulo de expropiacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará