Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O virus da gripe A presenta síntomas leves na nosa comarca

RR_Noticias

A campaña de vacinación arranca o vindeiro luns día 16. Dende os servizos sanitarios lémbrase que a enfermidade está a ser menos grave do esperado con síntomas propios de calquera gripe como febre, dor de cabeza e malestar xeral  

En menos dunha semana comezará a campaña de vacinación da gripe A, unha enfermidade que levantou as alarmas ante o potencial contaxio masivo do virus H1N1 pero que, con todo, está a ser menos grave do que nun principio se preveu. A médico pediatra, Pilar Martínez asegura que aínda que seguen a ser moitos os pais que se achegan á consulta preocupados polas posibles consecuencias da enfermidade, a alarma inicial practicamente desapareceu. Lembraba ademais que os síntomas son leves e se concretan principalmente en dor de cabeza, febre alta e malestar xeral o seu tratamento é o habitual en calquera tipo de gripe: paracetamol, ibuprofeno e sobre todo, descanso e repouso. En canto ás medidas preventivas para evitar o contaxio o máis importante é seguir unhas recomendacións básicas de hixiene consistentes en lavar as mans con frecuencia, taparse a boca e nariz cun pano ao espirrar ou tusir e ventilar máis a miúdo. Unha medidas que non deben converterse en obsesivas. En canto aos grupos de risco hai que lembrar que deben vacinarse os adultos e nenos maiores de 6 meses con enfermidade crónicas, mulleres embarazadas e traballadores sanitarios e de servizos públicos esenciais. A campaña de vacinación arranca o vindeiro luns día 16 de novembro. Charla informativa en Pazos Esta mesma tarde en Pazos de Borbén a médica Susana Alonso Burguer impartirá unha charla informativa para aclarar aos asistentes todas as dúbidas en torno a esta enfermidade. Será ás 18:30 no salón de actos da casa do concello nun acto de balde aberto a todo o público que desexe asistir

Pilar Martínez médico pediatra
Os síntomas son comúns a calquera gripe
Medidas hixiénicas
lavar as mans e tapar a boca no momento de espirrar son boas medidas preventivas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará