Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Canal abandona a presidencia do PP local “satisfeita por deixar un partido saneado”

RR_Noticias

Anima a outros representantes políticos a seguir os seus pasos porque segundo asegura “un político non debe aferrarse ao posto e debe deixar lugar á xente nova”  

A voceira do PP Francisca Canal asegura que a decisión de abandonar a presidencia do PP foi unha “decisión tomada ao longo do tempo”. Afirma deixar a presidencia coa satisfacción de deixar un partido saneado e estruturado no ámbito local, sabendo que a persoa que tome o relevo será o vindeiro candidato ás eleccións municipais do 2011, comicios nos que, ao seu entender, o PP recuperará a alcaldía do municipio Sobre o seu substituto en ambos os dous cargos, como candidato á alcaldía e como presidente do partido en Redondela, aínda que se baralle o nome do que fora no segundo posto da lista, o popular, Alberto Pazos, e xa ex- presidenta do PP prefire non dar pistas sobre o futuro aspirante á alcaldía porque “é unha decisión que lle compete ao Presidente provincial” Canal anima a outros políticos, cunha longa traxectoria no ámbito local e provincial, a adoptar decisión semellantes e deixar paso a xente e a ideas novas porque ao seu entender nun partido debe existir constante renovación

Seguir os seus pasos
A edil recomenda a outros políticos que non se aferren ao cargo
Franscisca Canal
Móstrase satisfeita do seu labor ao fronte do PP local
Substituto no PP
Non adianta nomes porque é competencia do PP provincial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará