Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Francisca Canal deixa a presidencia do PP de Redondela

RR_Noticias

A edil anunciou que non será a candidata dos populares nas eleccións municipais do 2011 por considerar que “é tempo de dar paso aos que veñen detrás para fortalecer á formación”. Canal continuará á fronte do partido ata que non sexa elixido un substituto.
 

“A decisión máis responsable tomada ao longo deste tempo” así foi como cualificou a Presidenta do Partido Popular de Redondela, Francisca Canal, a súa intención de dar paso a un novo líder para a agrupación local.  A edil afirmou que non se trata dun “adeus” senón que seguirá traballando activamente como membro do partido e como concelleira da corporación municipal, ademais de manter o seu posto na Deputación de Pontevedra. A voceira dos populares anunciaba a súa decisión na xuntanza que celebraba onte o partido, á que asistiron todos os concelleiros do grupo e os membros do Comité Local, así como o presidente provincial, Rafael Louzán, o vicepresidente, José Manuel Figueroa, e o secretario de Organización, José Juan Duran. Canal agradeceu ao PP “o disfrute desta oportunidade” de presidir o partido da que dixo sentirse “satisfeita”, así como polo “apoio, a colaboración e o esforzo prestados” por todo o seu equipo de goberno. Deste xeito Francisca, quere facilitar, segundo apunta, a constitución dunha candidatura forte para as eleccións municipais do 2011 que recupere a alcaldía de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará