Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de musicoterapia en Soutomaior

RR_Noticias

Deixar de lado o estres, a ansiedade e aprender a relaxarse son os obxectivos do curso de musicoterapia que se imparte esta tarde no Multiusos de Arcade nunha única sesión de 16:30 a 20:30 horas

A Concellería de Muller e o Servizo Galego de Igualdade achegan este curso monográfico ao concello de Soutomaior orientado a mulleres e no que se busca potenciar o emprego da música e o ritmo como elementos de comunicación, favorecer a interacción e a participación social, así como desenvolver a creatividade. O curso eminentemente práctico, no que as participantes aprenderán a respirar pausadamente e coñecerán tamén outras músicas do mundo, terá lugar esta tarde en horario de 16:30 a 20:30 horas. As interesadas poden acceder ás últimas prazas dispoñible no teléfono 986701227.

Jorge Blanco. coordinador dos cursos do SGAI
Un curso eminentemente práctico
Exito de participación
O novedoso do curso favorece unha participación masiva

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará