Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno multa a Urbaser por incumprimento de contrato e acorda solicitar a Portos o pantalán

RR_Noticias

A empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Urbaser, deberá abonar unha sanción económica de 3.000 euros por incumprimento de contrato co concello de Redondela.

O concelleiro de medio ambiente, Carlos Pazos, explicou que a sanción obedece a que durante o verán a empresa non cumpriu coa súa obriga de recoller as algas depositadas nas praias do municipio. A pesar de que se lle advertiu en varias ocasións pasaron máis de dez días tanto en Cesantes como en Arealonga sen que a empresa retirara as algas o que provocou cheiros e molestias para os veciños e os bañistas que se achegaban a eses areais. O PP responsabilizou ao goberno do sucedido “por ter adxudicado o servizo a unha empresa por 20 anos cando xa tiña incumprido o contrato con anterioridade e cando coñecían que realizaba un servizo precario e deficiente”. A súa voceira criticou ademais que só se lle impuxera unha multa de 3.000 euros cando se trata dunha sanción moi grave que podería estar sancionada por multas de ata 6.000 euros. O edil responsable de Medio Ambiente recalcou que dende o seu departamento estanse a adoptar as medidas necesarias encamiñadas a que o servizo mellore e insistiu en que si se cometen incumprimentos de contratos “serán sancionados” Ante as continuas críticas do PP por ter adxudicado a recollida do lixo a Urbaser, o concelleiro socialista Emilio González Iglesias apuntou que “tan mala a empresa non debe ser cando concellos gobernado polo partido popular adxudicaron tamén este servizo á mesma empresa e puxo como exemplo o veciño municipio de Soutomaior. Pantalán de Cesante Si houbo acordo de todos os grupos de cara a apoiar un escrito presentado por colectivos sociais e veciñais de Cesantes para reclamar a Portos de Galicia que reconstrúa a pantalán da parroquia. Unha unanimidade que chegou logo dun prolongado debate no que goberno local e grupo popular se enfrontaron sobre cal é o organismo que debe asumir o arranxo do embarcadoiro. O PP insistiu en que dado que o pantalán “era unha instalación menor non adscrita a ningún porto, situada en dominio marítimo-terrestre” era competencia da Demarcación de Costas. Por este motivo presentaron unha emenda á proposta dos veciños no sentido de que se “solicite a Costas que asuma a reposición do pantalán e, de no estar disposto, que costas ceda a adscrición da zona afectada a Portos de Galicia para que poda legalmente repoñeren dito pantalán” Os votos en contra do goberno local botaron abaixo esta emenda porque segundo afirmou o alcalde ,Xaime rei, o pantalán de Cesantes é responsabilidade absoluta de Portos de Galicia como demostra o feito de que fora este organismo quen odenase o seu peche cando se soubo da súa perigosidade”. Afirmou que o proceso a seguir pasa porque Portos elabore un proxecto que se enviará a Costas para que dea a correspondente autorización Pola súa banda, o voceiro do BNG insistiu en que non procedía emendar unha solicitude presentada polos veciños e lembrou a necesidade da pasarela polo servizo que da a bañistas, veciños e mariñeiros Finalmente todos os partidos políticos presentes na corporación -PSOE, BNG, PP e PG- apoiaron o escrito veciñal.

Paqui Canal PP Urbaser
E edil criticou que a multa non fora maior
Carlos Pazos BNG Urbaser
Afirmou que dende o seu departamento está a perseguir todos os incumprimentos do contrato
Emilio González PSOE Urbaser
O socialistas lembrou que Urbaser é adxudicataria en concellos de todas as cores
Canal pantalán
O Pp entende que o pantalán é competencia de Costas
Xaime Rei pantalán
O alcalde insiste en que é responsabilidade de Portos
Pazos pantalán
O bloque non comparte emendar un escrito presentado polos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará