Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Do areal ao peirao” mostra fotográfica en Arcade

RR_Noticias

A Confraría de pescadores de Arcade acolle ata o vindeiro 9 de novembro a exposición “Do areal ao peirao”, máis de 50 imaxes nas que se recollen as transformacións que foron sufrindo as paisaxes e as vilas costeiras ao longo do século XX.

Chega á Confraría de Arcade o terceiro e último bloque temático da mostra A Memoria do mar, un proxecto que busca recuperar as imaxes e fotografías persoais de centros de mariñeiros e familias espalladas por todo o litoral galego. Con este obxectivo técnicos do museo do mar percorreron durante meses as confrarías do litoral recollendo máis de 4000 imaxes que foron escaneadas e que se poden consultar na páxina web do Museo. Ante a gran cantidade de imaxes recollidas dividiuse a mostra en tres bloques temáticos: “O Mar mirado”, “Cos pes no mar” e “Do areal ao peirao”.
Este último bloque, que conta con máis de 50 imaxes de 20×25, poderase visitar ata o 9 de novembro en Arcade. No mesmo amósanse as transformacións que foron sufrindo as paisaxes e as vilas costeiras ao longo do século XX. O crecemento urbano, as novas necesidades para a crecente industria pesqueira e, sobre todo a evolución das instalacións portuarias fican plasmadas nesta mostra, cuxo título, precisamente, sintetiza estos cambios: dos areais, utilizados como varadoiros e campos de redes habituais, ás grandes infraestruturas que mudaron de xeito irreversible a fasquía costeira.
A mostra percorrerá un total de 25 poboacións do litoral galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará