Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma San Simón avoga polo traslado das empresas de Punta Chapelisa

RR_Noticias

Rexeitan a construción dunha vía polo litoral e acusan ao concello de utilizar unha vella aspiración dos veciños -a necesidade de diminuír o tráfico pesado polo centro urbano da parroquia- para solucionar un problema de loxística de Pescanova, Frioya e Aucosa
 

A plataforma en defensa da enseada de San Simón propón o traslado das empresas de Punta Chapelisa como solución para o tráfico pesado que circula por Chapela.
Dende o concello de Redondela anunciaron a posible construción dun ramal polo litoral de Chapela que segundo o concelleiro de urbanismo Emilio González Iglesias, permitiría reducir nun 50% a circulación de vehículos pesados polo centro urbano. Coa construción desta vía entre José Fernández -coñecida como baixada a Pescanova- e a subida de Aucosa os camións que traballan con Pescanova, Frioya e Aucosa, poderían dirixirse directamente a Rande e a Autoestrada.
Unha proposta que non comparten dende a Plataforma por entender que con este vial se “consolidaría un polígono industrial no litoral” e que dende o concello estase a “utilizar unha vella aspiración dos veciños para lle solucionar un problema de loxística a estas empresas”.
Entenden que, pola contra, este é o momento para propoñer o traslado das mencionadas empresas a un parque industrial o que permitiría diminuír notablemente o tráfico pesado polo centro urbano de Chapela e solucionaría outros problemas como a contaminación nun espazo que forma parte da Rede natura. A maiores se eliminaría a contaminación paisaxística e se podería recuperar para uso cidadán unha parte do litoral que ata o de agora está ocupado por esas factoría.
A plataforma engade ademais que no caso de Aucosa, os veciños libraríanse  dos cheiros que produce esa planta e que veñen denunciando en incontables ocasións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará