Hoxe é Sábado 16 de Outubro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Xornadas de sendeirismo en Soutomaior

RR_Noticias

Os roteiros, que se desenvolverán nas mañas dos domingos 4 de outubro, 25 de outubro e 8 de novembro, teñen como obxectivo dar a coñecer o patrimonio cultural, histórico e natural de Arcade e de Soutomaior a través dos vieiros históricos que ao longo dos anos vertebraron a vida tradicional do concello.

O BNG de Soutomaior organiza unhas xornadas de sendeirismo para toda a veciñanza nas que se percorrerán diversos espazos naturais do concello.
A primeira das rutas, de dificultada media-baixa é a da Devesas e As Chans. Celebrarase o vindeiro domingo, 4 de outubro, ás 10.30 horas da mañá. Sairase da Igrexa de Arcade e percorreranse seis quillóetros en dúas horas, aproximadamente.
O domingo 25 de outubro será a Subida polo Verduxo de dificultade media e de dúas horas de duración aproximada. Con saída desde Ponte Canal (Ponte de Comboa) ás 10.30 horas da mañá, percorreranse os lugares máis senlleiros das beiras do Verduxo ao longo de nove quilómetros.
O programa concluirá co Sendeiros das Hermidas de dificultade media-alta desenvolverase o 8 de novembro a partir das 10.30 horas da mañá. Con saída da Igrexa de Arcade, percorreránse 12 quilómetros ata chegar a San Caetano (en Soutomaior), onde terá lugar un xantar.As xornadas suspenderanse en caso de chuvia intensa.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *