Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outubro de teatro, música e humor en Trasmañó

RR_Noticias

Pasarán por esta parroquia o grupo de teatro o Tarabelo de Sanxenxo, o humorista Somoza, a Banda de Música de Chapela e a banda de folk local os Veleiqui, entre outros.

 
Durante os sábados do mes de outubro o Centro Cultural de Trasmañó organiza un ciclo de teatro, musica e humor en colaboración co Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra. As actividades comezarán este sábado, día 3, coa actuación do grupo de teatro O Tarabelo de Sanxenxo.  O sábado seguinte, o día 10, será a quenda da música e o humor, coa actuación da Banda de Música de Chapela e o humorista Somoza. O terceiro e cuarto sábado de outubro o teatro regresará a Trasmañó da man do grupo Os da Coviña de Cesantes e o 24 os que subirán ao escenario serán os membros do grupo Agarimo da ASC Amas de Casa Agarimo de Vigo. Os cativos e o folk pecharán o programa de actividades de outubro do Centro Cultural desta parroquia, coa actuación o día 31, do grupo de teatro infantil Os Teatreiros e o grupo de folk local Veleiqui. As actuacións serán no Centro Cultural de Trasmañó a partir das 19.00 horas todos os sábados do mes de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará