Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sospeitan dalgún vertido das obras do AVE como causante da morte de troitas no Maceiras

RR_Noticias

Técnicos do Seprona realizaron onte unha nova recollida de peixes mortos. Veciños de Negros aseguran que o río presentaba unha mancha espumosa á altura da entrada do tunel do tren de alta velocidade

A asociación de afectados polas obras do Val do Maceiras sospeita que a masiva mortes de peixes producida o pasado luns na canle do río débese ao vertido dalgún tipo de produto empregado no funcionamento das tuneladoras. Aínda que son conscientes da necesidade de esperar ao resultados de Augas de Galicia para coñecer as causas do sucedido, apuntan que na parte alta o río presentaba augas completamente limpas, mentres que preto das obras do AVE apareceu unha mancha espumosa. Os veciños engaden que o vertido puido terse producido na fin de semana xa que as troitas non morren de xeito inmediato senón ao cabo dunhas horas. Na xornada de onte técnicos do Seprona percorreron novamente a canle do río para recoller os peixes mortos que serán analizados. Os veciños lembran que é a primeira vez que se ten constancia dun feito semellante aínda que se teñen producido vertidos de terras noutras ocasións pro arrastre dende a entrada do túnel. Unhas obras que xa foron denunciadas ante as diferentes administracións polo prexuízos que provocan nos veciños da zona así como na propia natureza, xa que son varios os mananciais que secaron dende que comezaran os traballos do AVE

Marcos Espósito Asociación Val do Maceiras
Os veciños sospeitan dun vertido de produto empregado no funcionamento das tuneladoras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará