Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aparecen centos de peixes mortos na canle do río Maceiras

RR_Noticias

Os veciños de Negros responsabilizan da elevada mortalidade de animais a un posible vertido procedente das obras do AVE no Val do Maceira. O edil Carlos Pazos opta pola prudencia e esperará o resultado das análises que realicen Augas de Galicia é o Seprona para apuntar algún culpable.    

Técnicos de Augas de Galicia e do Seprona recolleron mostras na tarde de onte no río Maceiras e visitarán a zona novamente hoxe para completar o informe medioambiental que permita coñecer cal foi o causante da morte de centos de peixes que aparecían sen vida na xornada de onte na canle do río. A asociación de afectados polas obras do Ave “Val do Maceiras” responsabiliza aos vertidos procedentes dos traballos do tren de alta velocidade como causantes da masiva morte de animais. Segundo explicaron algúns veciños da zona o vertido afectou principalmente a un tramo de máis dun kilómetro do río onde apareceron xa pola mañá as primeiras troitas mortas. O concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, explicou que os peixes mortos xa pareceron a primeira hora da mañá á altura do Alvedosa, motivo polo que decidiron chamar aos técnicos de Augas de Galicia, responsable deste tipo de investigacións, quen xunto a unha patrulla do servizo de protección da natureza (SEPRONA) percorreron na xornada de onte o tramo afectado. Está previsto que hoxe continúen coa investigación para esclarecer o motivos da mortes destes animais. De feito, o edil é prudente sobre a causa que puido provocar a elevada mortalidade e prefire esperar ós resultados dos análises para sinalar algún culpable.

Carlos Pazos edil de medio Ambiente
As investigacións do Seprona deberán esclarecer cal foi a causa da morte dos peixes no Maceiras
Culpables
o concelleiro entende que é temerario sinalar algún resposnable cando aínda se descoñecen as causas do sucedido

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará