Os detidos deron 0,82 e 1,15 miligramos por litro polo que foron detidos e trasladados á comisaría
A primeira das detencións acontecía na madrugada do sábado ao domingo despois de que os axentes da policía local de Redondela recibiran un aviso dun accidente de tráfico na rúa Juan Manuel Pereira, á altura do número cinco. Cando os axentes chegaron ao lugar atopáronse cun Seat Ibida con danos importantes na parte frontal do vehículo. O coche colidira cun quitamedos. O conductor do vehículo atopábase ao seu carón e malia que non amosaba lesións mostrouse disposto a ser trasladado a un centro hospitalario. Os axentes comprobaron que o home presentaba síntomas de embriaguez e procederon a practicarlle a proba de alcoholemia na que deu 0,81 e 0,82 mg/l polo que foi trasladado as dependencias da policía.
A outra detención acontecía sobre a unha desta madrugada na rúa Santiago Apostol, onde unha patrulla da policía estaba a realizar un control rutineiro de documentación cando un dos conductores presentaba signos de haber consumido alcohol. Ao realizarlle a proba de alcoholemia o home deu positivo con 1,12 mg/l no primeiro test e 1,15 na segunda, polo que foi detido e trasladado á comisaría.