Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Galicia e Catalunya danse cita na Foliada 09

RR_Noticias

Unhas 150 persoas desprazaranse dende Barcelona a Redondela para participar dunha ampla programación que se desenvolverá os días 11, 12 e 13 de setembro

Obradoiros de xabrón, xoguetes e reciclaxe, feiras de artesanía e de produtos ecolóxicos, roteiros, concertos, exposicións… estas son tan só algunhas das actividades que se van desenvolver en Redondela co gallo da celebración da Foliada 09. Tres días de actividades continuadas que arrancarán o venres día 11 cun recibimento ás 150 persoas que chegarán á nosa vila procedentes de Barcelona. Un intercambio cultural Galicia-Catalunya no que se pretende dar acollida a todos os que desexen participar e que pretende ademais mostrar e promover as expresións culturais menos coñecidas de ambos os dous territorios. Mobilidade, defensa do territorio e consumo son algúns dos eixos temáticos en torno aos que se vertebra a programación que contará coma música como piar básico. De feito, ademais da animación de rúa haberá concertos no anexo do Campo do Choco coa actuación de grupos como Tok, As molt band, os Trasnos de Moscoso ou Os tres trebóns. Tamén un serán mestizo que se iniciará o sábado ás 21:00 horas co que se pretende recuperar a espírito dos seráns tradicionais, isto é, que o espectador se converta nun participante activo da festa. As actividades permanentes inclúen exposicións no multiusos e feiras de artesanía, produtos locais e productos ecolóxicos. Tamén os xogos tradicionais terán o seu oco coa celebración de torneos de billarda, trompos, arrebolamento de sacho ou escalabirras. O punto e final será unha visita á Illa de San Simón na mañá do domingo. Todas as actividades son abertas e de balde e tan só nesta última é preciso reservar praza no teléfono 986 401713 ou ben na caseta de turismo na alameda de Redondela.      

Paulo Jablonski
Unha programación para todos os públicos
Manu Pérez
Grupos galegos e catalán participarán nos concertos da Foliada
Susana Alvarez
O fotomatón é unha das propostas máis curiosas chegadas dende Barcelona

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará