Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de inglés e xestión de riscos para parados na Asociación de Empresarios

RR_Noticias

O colectivo empresarial de Redondela ten aberto o prazo de inscrición para participar en dous cursos, dirixidos prioritariamente a desempregados, que se van iniciar no vindeiro mes de setembro

No primeiro dos cursos os asistentes recibirán clases de inglés co obxectivo de que acaden coñecementos de atención ao público nese idioma. O horario do curso será de luns a venres dende as 16:15 ás 20:30 horas con inicio o martes 1 de setembro e finalización o 13 de novembro.  os interesadso deben anotarse antes do venres. O día 9 comezará o segundo dos cursos de xestión de riscos. Neste caso de 175 horas e duración en horario de mañá de 9:00 a 13:45 horas. Rematará o 30 de outubro. Ambos os dous cursos, financiados pola Consellería de traballo e benestar e o Fondo Social Europeo, impartiranse no Convento de Vilavella. Par máis información ou para inscribirse nos cursos e xornadas pódese contactar coa Asociación nos teléfonos 986 404012 e 986 401496 Seminarios formativos O colectivo impartirá tamén en setembro uns seminarios para á mellora empresarial do comercio e a hostalaría. Os comerciantes poderán saber mais da arbitraxe e as follas de reclamación así como das ventas especiais: saldos, rebaixas, promocións e liquidacións. No que compete á hostalaría falarase da diversificación da oferta e a captación e fidelización de clientes.

Julia Alonso técnica da asociación
O curso permitirá aos asistentes acadar competencias en inglés
Julia Alonso
O curso de xestión de riscos está orientado a parados e traballadores en activo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará