Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatado un mozo semiincosciente no río Alvedosa na madrugada do domingo

RR_Noticias

O varón, que non portaba ningún documento identificativo, foi trasladado ao Hospital Xeral segundo información da Policía Local

O Entroido de verán foi a escusa perfecta para que milleiros de persoas se disfrazasen e gozasen dunha xornada de festa en Redondela durante a fin de semana. Sen embargo, os excesos tamén tiveron as súas consecuencias e un mozo, presuntamente en estado ebrio, tivo que ser rescatado do leito do río Alvedosa ás dúas da madrugada de onte domingo.
Segundo información da policía local o mozo, que carecía de documentación, foi rescatado en estado semiinconsciente logo de que caíse ao río por causas que se descoñecen. O home foi trasladado en ambulancia ao Hospitla Xeral para a súa recuperación.
Axentes da policía recibiron o aviso do 112 no que se lles alertaba da presenza do home no leito do río á altura da rúa Ernestina Otero. Unha vez no lugar comprobaron que xa fora rescatado por outras persoas que neses intres estaban a gozar dunha xornada de festa na Alameda redondelá. O mozo non portaba consigo ningún documento que o identificase e atopábase semiinconsciente polo que foi imposible coñecer os seus datos persoais. Estímase que o accidentado tiña entre 30 e 40 anos e que caiu ao río a causas dunha intoxicación etílica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará