Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela da a sorpresa e imponse na Bandeira Cidade de Ferrol

RR_Noticias

A piques de rematar a tempada e cun gañador virtual, os boirensen de Cabo de Cruz, os de Chapela loitan polo segundo posto actualmente ocupado polo Nautico de Vigo

A proba, disputada na mañá do sábado no areal de San Xurxo complicou aínda máis a xa apertada Liga galega de traiñeiras. Os remeiros do Chapela protagonizaron unha importante sorpresa facéndose coa vitoria por diante dos tres primeiros clasificados na xeral. A pesar da forte ondada e os fortes ventos a embarcación de Chapela tomou case dende o inicio a dianteira e foi a primeira en cruzar a liña de meta, relegando á segunda posición ao líder da clasificación, Cabo de Cruz, que onte domingo xa se proclamaban matematicamente campións. A peor actuación protagonizárona os homes do náutico de Vigo, cuxo tempo final levounos ata a quinta posición. Amegrove foi terceiro e Perillo cuarto, completando así as posicións de privilexio da competición. Bandeira Concello de VilagarcíaOs de Chapela atópanse no terceiro posto da clasificación xeral logo de disputarse onte domingo unha nova proba, a XV Bandeira Concello de Vilagarcía, na que resultou gañador o club de remo Mecos. Os do Grove dominaron a regata dende o primeiro momento e tras eles entraron os boirenses de Cabo de Cruz, que se converten en campións virtuais a tan so unha xornada de rematar a liga. A loita dos equipos céntrase agora polo segundo posto, ocupada polo Náutico de Vigo pero asediada moi de preto por Chapela e Mecos.

Fernando Collazo delegado do Chapela
O club de remo sabe que no final de tempada todo esforzo é pouco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará