Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A gripe A non causa alarma entre os redondeláns

RR_Noticias

Os veciños móstranse tranquilos ante unha eventual expansión do virus H1N1. Dende os servizos sanitarios recomendan calma ante os pirmeiros síntomas de padecer unha gripe

A pesar do incremento paulatino de afectados e falecidos por esta enfermidade, dende as autoridades sanitarias insístese en que non hai motivo de alarma xa que o virus H1N1 non é especialmente  virulento. Promóvense medidas sinxelas tales como empregar panos de papel e lavarse as mans de xeito frecuente con auga e xabón. En Redondela a xente non mostra moita preocupación e a propia farmacéutica do servicio de saúde local lembra que os virus da gripe mudan todos os anos o cal non quere dicir que se vaian producir unha maior índice de mortalidade. Considera fundamental que a xente non se alarme ante os primeiros síntomas de padecer unha gripe e insiste en que a incidencia no hemisferio sur, onde se atopan na estación invernal, non está a ser extraordinaria. Hai quen mostra unha certa preocupación e, sobre todo escepticismo sobre a posible existencia de medicamentos axeitados para no caso de que se producira un repunte da gripe A de cara ao outono

Farmaceutica Centro de Saúde
A gripe A non é máis grave que a estacional
Non alarmarse
evitar a alarma ante os primeiros síntomas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará