Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A Jran orchesta cheira que apesta” no Meixón Music

RR_Noticias

O grupo, que actuará o xoves nas terrazas de Meixón Frío, está integrado por músicos de Redondela, Pontecaldelas e Soutomaior

Gaita, tamboril, arpa, pandeireta e incluso culleres poderán escoitarse este xoves na praza de Meixón Frío. A programación do Meixón Music continúa e esta semana traen ao seu escenario un experimento que leva por nome “A Jran orchesta cheira que apesta”. Baixo este nome escóndense tres agrupacións que decidiron unirse para a ocasión. Atoparemos a algúns dos integrantes de “Os croquetas” de Redondela, de “Tamboril Furado” de Pontecaldelas e de “Os “primordiais” de Soutomaior que prometen ofrecer un repertorio cargado de folk duro. Será como sempre o xoves ás 21:00 horas nas terrazas de Meixón Frío dentro da programación que organizan os locais O Escondidiño, A tenda de Candelaria e O café da vila.

Pili García
A "Jran orchesta…" presentará o seu folk duro no Meixón Music

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará