Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recuperación, defensa e promoción os tres piares de acción do Departamento de Normalización Lingüística.

RR_Noticias

A toponimia, a promoción do idioma entre os mozos e as mobilizacións contra a derrogación do decreto do galego centrarán o traballo do Departamento de Normalización Lingüística nos vindeiros meses.

Fomentar e promover o uso do galego en todos os ámbitos da vida cotiá é o principal obxectivo do departamento de Normalización Lingüística do Concello que arestora está a traballar en tres proxectos. O primeiro deles céntrase na recuperación da toponimia menor de Redondela. Unha recompilación dos nomes de lugar que permitirán coñecer máis da historia da vila e dos seus veciños. A primeira fase deste estudo xa está en marcha nas parroquias de Cedeira, Cabeiro e San Vicente de Trasmañó. Despois de manter dúas xuntanzas co Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA) dependente da Consellería de Medio Rural e con competencias neste tipo de iniciativas, o servizo de normalización púxose mans a obra coa axuda das asociacións veciñais e parroquias na recuperación destes topónimos. Nos vindeiros meses continuarán polas demais parroquias do concello. Outro dos proxectos iniciarase no mes de setembro. Ao comezo do curso escolar, o departamento espera manter unha xuntanza coa Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística para organizar mobilizacións e protestas en contra a derrogación do Decreto do Galego e antes de que remate o ano este servizo tamén realizará distintas campañas e iniciativas con cativos e mozos redondeláns para fomentar o uso do galego. Unhas iniciativas, que o departamento desenvolve ao longo de todo o ano e que teñen como finalidade normalizar o uso do galego entre todos os sectores da poboación e en todos os ámbitos tanto no eido persoal como institucional nun momento no que Eva García cualificaba, de retroceso para a nosa lingua.

Eva García responsable do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela.
Eva explica os proxectos que vai desenvolver nos vindeiros meses o departamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará