Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Clownic, unha risa cada dez segundos

RR_Noticias

A proposta teatral máis atractiva do verán chega esta venres coa compañía Clownic e o espectáculo 100% tricicle. Será ás 23:00 horas no Campo da feira

Este grupo, que é a segunda compañía de Tricicle, presentará unha antoloxía cos mellores momentos de todos os espectáculos que os integrantes de Tricicle teñen creado. Eduard Méndez, Antonio del Valle e Jaume Ortanobas son os actores que se encargan de seguir mostrando os traballos xa explotados comercialmente por Tricicle e que agora teñen unha segunda oportunidade. Creada no ano 1989, o espectáculo que se poderá ver no Campo da Feira a partir das 23:00 horas recibiu o premio ao mellor espectáculo extranxeiro en Francia e a Estrella de Plata no Festival del Mar del Plata. Nesta actuación farán unha antoloxía dos mellores sketchs dos 7 espectáculos creados por Tricicle, baixo o seu lema de sempre : a risa cada 10 segundos. A programación das noites máxicas continuará mañá coa música do dúo Alicia y Rivera na Casa da Torre ás 23:00 horas.

Eduardo Reguera edil de cultura
Un espectáculo que nos asegura "unha risa cada 10 segundos"

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará