Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amplíanse as clases de Tai-Chi ata o mes de setembro

RR_Noticias

Ante a boa acollida dos veciños, a Concellería de Servizos Sociais decidiu prolongar esta actividade, que se desenvolve na alameda de Redondela e nos xardíns do Multiusos de Chapela, ata setembro.

Entre trinta e corenta persoas participan nas clases de Tai-Chi organizada pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade desde que se puxeron en marcha o pasado un de xullo. Ante a gran afluencia de público a concellería decidiu ampliar estas clases que se desenvolven ao aire libre na Alameda de Redondela os martes e xoves de 9.30 a 10.30 horas e os mércores nos xardíns sitos ao carón do Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela. Durante o mes de agosto tanto o horario como o lugar onde se imparten manteranse. A actividade é de balde e non precisa inscrición previa bastará con achegarse eses días e nesas horas ata a alameda de Redondela e o Multiusos de Chapela. Para  realizar este tipo de práctica deportiva non se precisa preparación física e é apta para todas as idades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará