Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Cabanas denuncian accesos perigosos á rotonda de Rande

RR_Noticias

Un cento de familias que residen no Camiño das Pedriñas deberán realizar unha perigosa manobra de xiro para acceder á rotonda polo que solicitan a modificación do proxecto. O PP presentará unha moción nese sentido no vindeiro pleno municipal co obxectivo de modificar o proxecto.

O Partido Popular de Redondela presentará unha moción na vindeira sesión plenaria municipal co fin de solicitar ao Ministerio de Fomento a modificación do proxecto da rotonda que se executa actualmente en Rande.
A iniciativa tómase a instancias dos veciños de Cabanas, que transmitiron a súa decepción ao comprobar que a obra non cumprirá cos obxectivos previstos. Segundo declaración da concelleira popular Erminda Quelle “No seu momento díxoselles que se lles garantiría un acceso seguro á N-552 e agora incúmprese a palabra dada”.
A polémica afecta ao Camiño das Pedriñas polo que máis dun cento de familias acceden ás súas vivendas. A falla de conexión deste viario coa rotonda obrígaos a realizar unha perigosa manobra de xiro, que era precisamente o que se pretendía evitar coa execución da obra. Non obstante, esta falla de conexión non se coñeceu ata que comezaron as tarefas, pois en ningún momento existiu exposición pública do proxecto ao considerarse inncesaria debido a que obra era evidente e precisa para garantir a seguridade viaria. Os populares entenden que unha pequena modificación bastaría para solucionar o problema e garantir a seguridade nunha zona na que se producen graven accidentes dende hai anos.
Lémbramos que a rotonda proxectouse despois de numerosas manifestacións veciñais pedindo unha solución á inseguridade viaria que sofre todo o barrio, prometéndolles tamén a regulación da circulación a través dun semáforo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará